Pontevedra Social (axenda)
esa web non forma parte do conglomerado industrial-militar «fediverso . gal» pero é parte do fediverso puidéndonos subscribir a ela coa nosa conta de mastodon (ou rss, correo, etc)
tamén, calquera pode colaborar enviando eventos a incluír enchendo o formulario habilitado. Son eventos que deben seguir as normas establecidas e aparecerán na axenda se os aproba a administración.
Se formas parte ou coñeces unha asociación, coletivo, clube, ... envíalles a información dos vosos eventos. E compárte a web! axúdalle a outras persoas a vir ao Fediverso.
podemos ler alí:
Ao contrario que nas plataformas asociais que fan todo o posible para obter e gardar datos das persoas usuarias, cremos que esta información, como as persoas, deben ser libres. Por isto, podes recibir actualizacións dos eventos que elixas, sen precisar vir a esta web.
https://pontevedra.social/Open linkView original on foros.fediverso.gal